Sopra o vento da liberdade
En relación ao intento de boicotear o acto académico que se desenrolará na Stanford Univesity o vindeiro 14 de febreiro de 2008 e ao cal foi invitado o Lehendakari de Euzkadi, Juan José Ibarretxe Markuartu, os cidadáns que apoiamos esta petición queremos manifestar a nosa máis profunda repulsa ao intento de coartar a liberdade de expresión do máximo representante da vontade popular dos vascos.
D. Juan José Ibarretxe é o presidente da Comunidade Autónoma de Euzkadi democraticamente elixido mediante sufraxio universal entre todos os cidadáns de Euzkadi. A legalidade e a lexitimidade como máximo representante desa vontade popular está máis alá de calquera dúbida razoábel.
A proposta que D. Juan José Ibarretxe realiza á Sociedade Vasca elaborouse sobre os piares do respecto absoluto a todos os Dereitos Humanos, do respecto á vontade da Sociedade Vasca e que busca ante todo o benestar de todas as persoas que viven en Euzkadi. Entendemos por elo que o intento de cencenar a expresión do Lehendakari Ibarretxe é un intento de acalar a voz maioritaria dos vascos.
É por elo que queremos expresar o noso apoio á defensa da liberdade de expresión do máximo representante dos vascos no mundo e aos principios nos que se fundamenta a proposta política que o Lehendakari Ibarretxe realiza á Sociedade Vasca.
Por último, queremos así mesmo condenar o intento de desprestixiar a trayectoria política de EAJ-PNV, un partido con máis de 100 anos de antigüidade que demostrou ao longo da súa Historia o seu compromiso coa Democracia e as Liberdades da Sociedade Vasca, sufrindo por elo duros anos de clandestinidade e exilio durante a ditadura fascista que gobernou España nos anos posteriores a la II Guerra Mundial.
Polas razóns mencionadas, solicitamos á Stanford University que non ceda á chantaxe de grupos que pretenden atentar contra a liberdade de expresión e que faga valer unha vez máis un dos principios que inspiraron a esa institución: o amor e a reverencia polos grandes principios que derivan duns dos inalienábeis dereitos dos homes na vida, la liberdade e a procura da felicidade.
Queremos facer nosas as palabras que se enuncian a continuación para apoiar a nosa petición:
"Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o de non ser molestado a causa das súas opinións, o de investigar e recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión."